Cargando...

Actualidade 26 maio 2007

Un blog dende Pontevedra para o mundo…

Pois aqui estou, recén chegado ao mundo dos blogues da man dun amigo exiliado en Castela, culpa súa foi que me picara o becho da informática, das páxinas web´s, os blogues e todo isto. Botando unha ollada atrás, penso que o primeiro contacto que tiven coa informática foi fai unha chea de anos, lembro que era un spectrum 48 K, o cal tiñamos que apagar de cando en vez porque a fonte de alimentación requentábase de  seguido, despois veu o I.B.M. PS1, -xa era unha máquina para aqueles tempos-, logo viñeron os estudos e o traballo e o ordenador da casa quedou aparcado durante un longo tempo, pouco a pouco fun volvendo, asi que neste pasado nadal merquei o meu propio ordenador e voltei a meterme neste mundo, previa conexión a internet claro. Levo anos participando en foros e visitando web´s pero fai cousa duns meses que descubrin os blogues, asi que nisto son novo de todo, pola miña parte o que non ha de faltar será empeño e adicación, o demais supoño que sairá pouco a pouco, isto somentes pretende ser unha benvida, unha especie de declaración de intencións e unha forma de darme a coñecer  para os que non me coñezades xa.

O meu alcume na rede é dende xa unha chea de anos o de breogain, o nome en língua gaélica do rei Breogán, lenda que relato máis de vagar aquí, inspireime nese nome tomando unha pinta de guinness na baiuca "A casa dos druidas", en Vilaboa (do morrazo) perto de Pontevedra, ali nunha parede estaba a lenda de Breogán escrita en gaélico. Das miñas afeccións que podo dicir, gústame a música, tanto escoito folk, coma rock ou ska, practico varios deportes, entre os cales está a bicicleta de montaña dende hai moitos anos, e nunca falto os domingos ao vello Pasarón, o "teatro dos soños" de tódolos granates, hai anos que son socio da bancada de norte e agardo que este ano, que voltamos outra vez a estar clasificados para o play-off, académolo ascenso á segunda división arelado por tódolos siareiros granates.

Coido que xa está todo dito, agardo que desfrutedes deste anaco de Ponteveda na rede, e vos pasedes por aqui de cando en vez.

Saúdos e benvidos ao meu blogue.

Chuzame! chúzame -

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.