Actualidade & Historia 27 maio 2007
Achado outro miliario romano.
As excavacións arqueolóxicas do Burgo son noticia unha vez máis, esta vez é outro miliario romano atopado o pasado venres, máis antigo que o anterior atopado en Outubro, este impresionante achádego atopado nunha zona apodada "a casa do costureiro", data do século I, inda que polo de agora o experto encarregado, Manuel Caamaño, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, non deu a coñecer a transcripción das letras gravadas no mesmo, na superficie do miliario pódese ler con claridade as palabras "Caesar" e "Nerva", trátase dun emperador romano que governou entre os anos 96 e 98 despois de Cristo, os xacementos arqueóloxicos de Pontevedra son os máis grandes que hai en Galiza na actualidade, os miliarios serán transladados a unha exposición nas ruinas de San Domingos.
chúzame -






