Deportes 9 xullo 2007
Super Froiz campión da “Bira 2007″
O deporte da nosa cidade está unha vez máis de noraboa, o equipo ciclista pontevedrés do "Super FROIZ", na figura do seu corredor Alberto Fernández, foi o vencedor da que pasa por se-la proba máis importante do ciclismo "non profesional" español, o equipo liderado por Evaristo Portela estase a converter por méritos propios nunha das formacións ciclistas máis destacadas do pelotón afeccionado español, agardemos que isto sexa so o principio e que os trunfos vaian a máis, dende este humilde espazo na rede, os meus parabéns para eles, por certo, a ver cando activan/actualizan a súa web www.superfroiz.com
chúzame -






