Escrito por breogain en Caixón de xastre 13 outubro 2008
Comeza unha nova andaina na miña vida..
No ano e pico de vida deste blogue non tivera un paréntese sen publicar de tanto tempo, hai case dúas semanas que non escribia unhas liñas e abofé de que non era por non ter nada que contarvos, máis ben foi motivado pola falla de tempo. Para os que me coñezades, saberedes que nos vindeiros tres ou catro meses comeza o periodo no que teño máis traballo de todo o ano, asi que o número de publicacións descenderá notablemente polo tanto, ademais a isto haille que engadir unha importante novidade na miña situación familiar, para o vindeiro mes de marzal terei o meu primeiro fillo/a e supoño que todos comprenderedes que iso tamén influirá (e moito) en base a recurta-lo pouco tempo libre do que xa dispuña, atópome moi ilusionado e queria compartilo con todos/as vós, o meu pequeno mundo xa está a mudar e nuns meses farao todavia máis, enceto unha nova andaina na miña vida, a de ser pai e responsable dun cativo, unha tarefa para a que non recibín clases, non hai evaluacións nin notas finais, o dia a dia será o que me examine e pretendo facelo o mellor posible, alomenos porei toda a miña intención, folgos e ilusión para que así sexa.

Nestes dias nos que non publiquei aconteceron unhas cantas cousas interesantes, ademais da crise que nos atenaza e que pasa por se-o punto máis "quente" da actualidade e da que falamos a cotio, quixera destacar como algo significativo o feito de que por fin os políticos galegos se puxeran dacordo e ao unísono condenaran o franquismo -fóra das saidas de todo habituais de Manuel Fraga-, considero moi importante que o Partido Popular de Galicia rompera con Madrid por unha vez na súa vida e fora quén de condena-las atrocidades que se fixeron na Guerra Civil española, agardemos que a partir de agora se abra unha nova xeira na que o entendemento, ou alomenos os acordos puntuais entre os diversos grupos que conforman o arco parlamentar galego, sirvan para sacar adiante iniciativas e propostas que redunden no beneficio de tódolos galegos e galegas, dende aqui quérolle da-los parabéns a Alberto Feijoo e a todo o Pepé galego pola súa valentia, que sabedores da chuvia de críticas que lles caeria enriba fixeron o que debian facer, xa non somentes por principios, senón por solidariedade cós miles e miles de galegos represaliados despois do 1936.
chúzame -









Pois xa está activada a nova páxina web da Feira Franca de Pontevedra, hai dias que avisaron da súa inminente re-activación pero non foi ata ben pouco cando tivo lugar. Asi que xa sabedes, resta moi pouco para que comecen os fastos medievais na nosa cidade e hai que irse preparando, que o verán comeza coa festa da Peregrina e a diversión non remata ata pasada a feira medieval, a cal terá lugar o vindeiro fin de semana, os dias 5 e 6 de Setembro. Na web poderedes atopar cumprida información de todo canto vaia acontecer neses dous dias de festa, dende os horarios das actividades ata consellos e recomendacións de todo tipo, aqui tede-la url en cuestión:
Son unha referencia da música metal mesturada cós sons medievais máis antigos e remotos. 





